Na xornada de benvida o estudantado recibirá información da Biblioteca, do Centro de Linguas, do Gabinete Psicopedagóxico, de Extensión Universitaria, da Delegación de estudantes, do Servizo de Deportes, da Oficina de Voluntariado, e da Oficina de Relacións Internacionais para explicar os servizos que ofrecen e os principais programas que xestionan. Esta primeira toma de contacto rematará cunha visita guiada polo campus de Ourense por parte do equipo directivo do centro e persoal docente.

Obxectivos

  1. Facilitarlle ao novo estudantado o tránsito e adaptación á vida universitaria.
  2. Presentarlle os recursos e as ferramentas dispoñibles na Universidade de Vigo e, en particular, na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
  3. Darlle a coñecer as aulas, laboratorios e instalacións onde recibirán docencia, así como outras infraestruturas do campus de Ourense.

 Programa da Xornada de Benvida 2019-2020