Curso académico 2019/2020

Estudos de grao

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Grao en Enxeñaría Aeroespacial 50 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula
Continuación

Convocatoria de matrícula 2019/2020 – estudos de grao

Incorporación de estudantes

Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web. O calendario de preinscrición pode consultarse na seguinte ligazón.

A nota de corte da titulación de Enxeñaría Aeroespacial no curso 2018/2019, polo procedemento xeral de admisión, foi de 10,720.

Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.

Matrícula

Tanto a xestión dos trámites académicos como a información e consultas relacionadas coa matrícula no Grao en Enxeñaría Aeroespacial levaranse a cabo polo persoal da administración do edificio politécnico (Facultade de Ciencias e ESEI, na planta baixa).
O horario de atención ao público é de 8.30 a 14.30 horas (durante os meses de xullo, agosto e periodos non lectivos de Nadal e Semana Santa é de 9.00 a 14.00 horas).

Máis información

Prazos

1º Prazo: do 17 ao 19 de xullo de 2019
2º Prazo: do 23 ao 26 de xullo de 2019
3º Prazo: do 31 de xullo ao 2 de agosto de 2019
4º Prazo: do 21 ao 23 de agosto de 2019

5º Prazo: do 28 ao 30 de agosto de 2019
6º Prazo: do 4 ao 6 de setembro de 2019
7º Prazo: do 11 ao 13 de setembro de 2019
Prazo extraordinario: do 4 ao 8 de outubro de 2019

O prazo rematará o 13 de setembro para quen se matricule nos períodos ordinarios dos meses de xullo e agosto. Cando se precise comprobar a veracidade dos datos persoais ou académicos, as unidades administrativas poderán requirir documentación sen necesidade de agardar ao remate do prazo.

Para quen se matricule nos meses de setembro e outubro o prazo será de 7 días naturais contados desde a formalización da matrícula.

Quen se matricule directamente no centro de estudos terá que entregala nese mesmo momento.

1º prazo: do 16 ao 19 de setembro de 2019 (para calquera materia)

2º prazo: do 3 ao 6 de febreiro de 2020 (soamente materias do segundo cuadrimestre)

Quen se matricule nos meses de xullo e agosto, poderá solicitar a anulación total ata o 30 de setembro.

Quen se matricule de primeiro curso por primeira vez nos meses de setembro e outubro nos prazos fixados pola CiUG, no curso de adaptación ao grao (curso ponte) no mes de setembro no segundo prazo de admisión ou no chamamento da convocatoria de prazas vacantes no mes de novembro, poderá solicitar a anulación total no prazo de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da formalización da matrícula.

 

Estudos de máster

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados 12 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula

Convocatoria de matrícula 2019/2020 – estudos de posgrao

 

Prezos

Decreto 73/2019, do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducintes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2019/2020.