UVigoMotorsport

UvigoMotorsport é un proxecto creado en 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial que ten como obxectivo deseñar e fabricar un vehículo monopraza de competición co que participar na Formula Student. En 2019 o equipo reforzouse cunha ampla participación de alumnado da escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Fórmula Student

Formula Student é a competición estudantil automobilística máis importante do mundo, onde universidades de todo o planeta compiten en circuítos profesionais, por ser a mellor escudaría. Cabe destacar que a Formula Student non é unha competición de carreiras ao uso, na cal os monoprazas sitúanse nunha liña de saída e gaña o máis rápido, se non que se trata dunha competición de enxeñería, onde se valoran aspectos tales como o deseño, a fiabilidade, a condución do monopraza e tamén aspectos máis teóricos, como a elaboración dun plan de negocio, custos, e unha xustificación de todas as decisións do deseño do monopraza.

Contacto:
Web: uvigomotorsport.com
Correo: contacto@uvigomotorsport.com
Teléfono: 986 81 39 18
Twitter: @UVigoMotorsport
Facebook: @uvigomotorsport
LinkedIn: UVigo Motorsport
Instagram: @uvigomotorsport

UVigo Aerotech

UVigo Aerotech é un proxecto creado a comezos do 2020 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo que ten como obxectivo deseñar e fabricar un dron de ala fixa ultralixeiro de competición co que participar na Air Cargo Challenge. O equipo forma parte de UVigo Aeromodel, proxecto que engloba outras disciplinas da enxeñaría.

Air Cargo Challenge

A Air Cargo Challenge é unha das competicións interuniversitarias de aeromodelismo máis importantes a nivel internacional. Universidades de todo o mundo compiten por deseñar e fabricar o modelo capaz de levar máis carga no menor tempo posible, mesturando os aspectos máis puros da competición como a velocidade, cos aspectos máis teóricos da enxeñería, xa que tamén é importante a entrega das xustificacións do deseño realizado.

Contacto:
Correo: contacto@uvigoaerotech.com
Twitter: @UvigoAerotech
Instagram: @uvigoaerotech
LinkedIn: UVigo Aerotech
Facebook: @uvigoaerotech