Campus del Agua

Eleccións

No Consello de Goberno de data 17 de xullo de 2015 aprobouse a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, sendo ratificada a súa creación polo Consello Social, na sesión do día 23 de xullo de 2015, e aprobada polo Consello da Xunta de Galicia o día 12 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 16, de 24 de xaneiro de 2017).

A creación desta Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo supón a constitución da xunta de escola, órgano colexiado de representación e de decisión integrado polos sectores de profesorado, estudantes e PAS.

Dado que o primeiro curso da titulación de Grao en Enxeñaría Aeroespacial comezou a impartirse no curso académico 2016/2017, antes da aprobación oficial da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, e sendo necesaria a existencia dun órgano de goberno que enfrontara a xestión dos estudos e as instalacións, mediante Resolución Reitoral do día 16 de maio de 2016 atribuíronse temporalmente as competencias da xunta de escola á xunta de titulación.

Finalizada esa etapa extraordinaria, debe levarse a cabo o proceso de elección de membros da xunta de escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

A tal efecto aprobouse unha normativa específica que regula provisionalmente estas eleccións.

O calendario para as eleccións do curso 2017-2018 é o seguinte (aprobado pola Xunta Electoral o 15/12/2017):

Calendario electoral


ProcesoData
Sorteo dos membros da Xunta Electoral 11 de decembro de 2017
Constitución da Xunta Electoral 15 de decembro de 2017
Data de exposición dos censos provisionais 10 de xaneiro de 2018
Prazo de reclamacións aos censos provisionais Do 11 ao 16 de xaneiro de 2018
Publicación dos censos definitivos 18 de xaneiro de 2018
Prazo de presentación de candidaturas
Formulario de presentación de candidatura
Do 19 ao 25 de xaneiro de 2018
Proclamación provisional de persoas candidatas 29 de xaneiro de 2018
Prazo de reclamacións á proclamación provisional Do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2018
Proclamación definitiva de persoas candidatas 2 de febreiro de 2018
Período da campaña electoral Do 5 ao 7 de febreiro de 2018
Votación 8 de febreiro de 2018
Proclamación provisional de persoas candidatas electas 9 de febreiro de 2018
Prazo de reclamacións Do 12 ao 15 de febreiro de 2018
Proclamación definitiva de persoas candidatas electas 19 de febreiro de 2018

Acordos da Xunta Electoral


15/12/2017 | 17/01/2018