Campus del Agua

Infraestruturas do centro

Aulas, seminarios e laboratorios


O primeiro curso do Grao en Enxeñaría Aeroespacial levarase a cabo en tres tipos de aula de acordo co tipo de docencia impartida. As clases maxistrais (teoría e resolución de problemas) impartiranse na aula 3.4 ubicada no terceiro andar do Edificio de Facultades (denominado tamén Edificio de Ferro). As clases de seminario (resolución de problemas e prácticas con ordenador) desenvolveranse nas dúas aulas de informática dispoñibles na planta baixa do Pavillón Manuel Martínez-Risco (sede da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo). As prácticas de laboratorio levaranse a cabo no Laboratorio de Física I (portas 43 e 44 do primeiro andar do Pavillón Manuel Martínez-Risco), Laboratorio de Física II (porta 11 do soto do Pavillón Manuel Martínez-Risco), e no Laboratorio de prácticas de Enxeñaría Química (no segundo andar do Edificio Politécnico).

Biblioteca Central do Campus de Ourense


É un servizo xeral accesible para todo o estudantado, profesorado, investigadores/as e persoal da Universidade de Vigo, e conta cun edificio propio. O seu obxectivo é xestionar e poñer a disposición da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información como apoio as súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.

Biblioteca Universitaria
Blog da biblioteca
Guías para novos alumnos

Contacto


Biblioteca Rosalía de Castro

Campus As Lagoas, s/n - 32004 Ourense
+34 988 387 192 | +34 988 387 158
 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
8:30 - 21:00 h. de lúns a venres