Añel Cabanelas

Investigador/a Ramón y Cajal

Área de Física da Terra
Departamento de Física Aplicada

Información de contacto

Facultade de Ciencias
Edificio do Campus da Auga
Despacho 2.5
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 235
j.anhel@uvigo.es

Breve CV

Licenciado e Dr. en Física, especializado en física atmosférica. Premio extraordinario de doutorado da UVigo, Premio Gulbenkian xoven investigador e exemplo de xoven investigador da revista Science en 2009. Premio SRUK 2013 e Premio Campus da Auga de Divulgación Científica 2017. Secretario do grupo de física da atmósfera e océano da Real Sociedad Española de Física. Codirector da Cátedra Naturgy na Universidade de Vigo e Investigador afiliado en «Economics for Energy». Editor xefe de Ciencias do Clima de PLoS ONE e membro do panel editorial de Geoscientific Model Development. Evaluador do DAAD. Nº1 no listado de Investigadores ‘Ramón y Cajal’ en Ciencias da Terra en 2013.
Obtención de fondos de investigación como investigador principal por aprox. 2 millóns de euros financiados polo EPSRC (Reino Unido), Google, Microsoft, Naturgy, Goberno de España, Xunta de Galicia, Universidade de Vigo ou Rede Española de Supercomputación.
Coautor do informe de evaluación de dezaseis satélites do World Climate Research Programme de medidas de ozono e vapor de auga e participación na evaluación da misión PREMIER da ESA.
ExCoordinador de ClimatePrediciton.net e Research Fellow na University of Oxford, sendo Visiting Fellow do Somerville College e Tutorial Fellow no Hertford College.
Revisor experto de informes do Panel Intergubernamental de Cambio Climático e Observador no Cumio de Nacións Unidas sobre Cambio Climático.
21 becas de formación financiadas por múltiples organismos incluidos a International Astronautical Federation e a ESA.
Experiencia docente a nivel de grao, máster e doutoramento na Universidade de Vigo e na University of Oxford en trece materias distintas en oito titulacións, abrangendo dende física atmosférica a sistemas de satélite e ciencias computaciones.
Cobertura regular de resultados de investigación e columnas de opinión en prensa, radio e televisión (exemplos: El País, La Voz de Galicia, Washigton Post, Al Jazeera, The Guardian…).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O07G410V01202 | Física: Física II

Horarios de titoría

1º cuadrimestre

Axendar por correo electrónico en j.anhel@uvigo.es

2º cuadrimestre

Axendar por correo electrónico en j.anhel@uvigo.es

Período sen docencia

Luns e mércores: de 17.00 a 19.00 h (no despacho 2.5 do Edificio do Campus da Auga)

Investigación

Grupo de investigación

EphysLab