Campus del Agua

Xornada de presentación do Grao en Enxeñaría Aeroespacial

Día: 15 de xuño de 2018

Hora: 10.00 h

Lugar: Salón de actos Marie Curie. Edificio Politécnico. Campus de Ourense


O campus de Ourense acolle unha xornada aberta de presentación do Grao de Enxeñaría Aeroespacial, titulación única no mapa universitario galego que comezou a impartirse neste campus no curso 2016/2017. A xornada, especialmente orientada ao estudantado interesado en cursar estes estudos o vindeiro curso, permitirá ás persoas asistentes coñecer as características deste grao e as súas saídas profesionais. Durante o seu desenvolvemento, as persoas asistentes terán a oportunidade de ter contacto directo coas persoas responsables do centro, co seu persoal docente e con empresas do sector para aclarar dúbidas, ademáis de ver diferentes videos sobre a Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, a titulación, e a profesión para a que habilita estes estudos.

As persoas responsables do centro tentarán aclarar todas as dúbidas que se presenten.

xornada de presentación do grao en enxeñaría aeroespacial