Campus del Agua

II Concurso escolar de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, xunto coa Facultade de Ciencias e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, organizan o II Concurso escolar de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cos seguintes obxectivos:

  1. Promover o coñecemento por parte do alumnado do papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría e as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia.
  2. Establecer un certame que axude a que se visualice o papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría e que reflicta como son vistas pola sociedade.
  3. Chamar a atención do alumnado sobre a ciencia, a enxeñaría e a súa contorna.

Poderán participar neste concurso de debuxo e redacción o alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria matriculado en calquera centro educativo que pertenza á provincia de Ourense.

Máis información no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..


Bases do concurso