Campus del Agua

Xornada de presentación do Grao en Enxeñaría Aeroespacial

Hora: 11.00 h

Lugar: Sala Emilia Pardo Bazán. Edificio de Facultades. Campus de Ourense

Duración aproximada: 1 hora


O campus de Ourense acolle unha xornada aberta de presentación do Grao de Enxeñaría Aeroespacial, titulación única no mapa universitario galego que comezou a impartirse neste campus no curso 2016/2017. A xornada, especialmente orientada ao alumnado interesado en cursar estes estudos o vindeiro curso, permitirá aos asistentes coñecer as características deste grao e as súas saídas profesionais. Durante o seu desenvolvemento, os asistentes terán a oportunidade de ter contacto directo cos responsables do centro, co seu persoal docente e con empresas do sector para aclarar dúbidas, ademáis de ver diferentes videos sobre a Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, a titulación, e a profesión para a que habilita estes estudos.

Os responsables do centro tentarán aclarar todas as dúbidas que se presenten.

xornada de presentación do grao en enxeñaría aeroespacial