Campus del Agua

Conferencia "Consorcio Aeronáutico Galego: aquí estamos!"

O vindeiro venres 11 de maio de 2018, ás 13.00 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título "Consorcio Aeronáutico Galego: aquí estamos!".

Será impartida por Enrique M. Mallón, Oficial do Exército do Aire e Presidente do Consorcio Aeronáutico Galego, e Jennifer González Silva, Secretaria Técnica do devandito consorcio.