Campus del Agua

Conferencia "Cara a onde queres voar? Posibles áreas de actividade da enxeñaría aeroespacial"

O vindeiro xoves 15 de marzo de 2018, ás 17.00 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título "Cara a onde queres voar? Posibles áreas de actividade da enxeñaría aeroespacial".

Será impartida por José Barros Rodríguez, Oficial do Exército do Aire, doutor enxeñeiro aeronáutico pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e enxeñeiro experiemntal en ensaios en voo pola École du Personnel Navigant d´Essais et de Réception (EPNER), Istres, Francia.