Campus del Agua

Conferencia "De Galicia a Marte e máis alá: explorando o Sistema Solar coa ESA"

O vindeiro xoves 8 de febreiro de 2018, ás 16.00 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título "De Galicia a Marte e máis alá: explorando o Sistema Solar coa ESA". Será impartida por Alejandro Cardesín Moinelo, Enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e doutor en Ciencias e Tecnoloxía Aeroespacial pola Universidade de Padua (Italia).