Campus del Agua

Conferencia "On the design of algorithms for solving optimization models without computing derivatives”

O día 4 de maio de 2017, ás 16.30 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título " On the design of algorithms for solving optimization models without computing derivatives " . Será impartida por Ubaldo García Palomares, profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Enxeñeiro Electrónico. Realizou a súa tesis de doutoramento na University of Madison (Wisconsin . USA) dentro do campo da computación numérica enfocado principalmente á área de Optimización non Lineal. Ten realizado máis de 80 colaboracións en publicacións en revistas especializadas de clase A.