O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo, recolle no seu artigo 24.2 que: “Antes del transcurso de seis años a contar desde la fecha de su verificación inicial o desde la de su última acreditación, los títulos universitarios oficiales de Grado y Doctorado, deberán haber renovado su acreditación de acuerdo con el procedimiento y plazos que las Comunidades Autónomas establezcan en relación con las universidades en su ámbito competencial. Asimismo, los títulos de Máster deberán someterse al indicado procedimiento antes del transcurso de cuatro años”. No artigo 27 bis establecese que a acreditación inicial dos títulos oficiais debe ser renovada periódicamente a partir da data da súa verificación por parte do “Consello de Universidades” ou dende a data da súa derradeira acreditación.

De acordo coa mencionada lexislación, o proceso de avaliación para a renovación da acreditación incluirá, en todo caso, unha visita de expertos externos á Universidade sendo a “Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia” (ACSUG), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a encargada de realizar a valoración para a renovación da acreditación, de acordo cos protocolos de avaliación que se estableceron conxuntamente entre as axencias de avaliación que cumpran cos Criterios e Estándares de Calidade Europeos.

Podes consultar máis información en: