Campus del Agua

Calidade

O principal obxectivo das accións da Calidade é o mantemento e mellora dunha serie de criterios asociados aos procesos formativos que velan polo bó funcionamento de todos os aspectos vencellados ao ámbito de actuación do conxunto das universidades españolas

Todos os centros da Universidade de Vigo dispoñen dun Sistema de Garantía de Calidade certificado en canto ao seu deseño. Algúns deles ademáis teñen certificado o Sistema de Garantía de Calidade en canto á súa implantación (Facultade de Dereito, ETS de Enxeñaría Minas, ES de Enxeñaría Informática, Facultade de Filoloxía e Traducción, Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Escola de Enxeñaría en Telecomunicación, Facultade de Bioloxía).

En todo caso, os Sistemas de Garantía de Calidade de todos os centros da Universidade de Vigo, seguen unha estrutura común que está dispoñible e accesible a través da páxina web da Área de Calidade da Universidade de Vigo.