Campus del Agua

Información sobre cursos

Introdución aos sistemas aéreos non tripulados


Do 21 ao 25 de maio de 2018

DIRECCIÓN: HIGINIO GONZÁLEZ JORGE | 986818794, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PREINSCRICIÓN: do 01/04/2018 ao 30/04/2018 | MATRÍCULA: do 01/05/2018 ao 18/05/2018

MODALIDADE: PRESENCIAL

CALENDARIO: 21, 22, 23, 24 e 25 de maio de 2018

LUGAR: Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

O día 21 de maio comeza o curso de formación en sistemas aéreos non tripulados (UAS), que achegará esta tecnoloxía a todo o alumnado de titulacións técnicas que queira ter un primeiro contacto con ela.

O curso será impartido por Higinio González Jorge, profesor Contratado Doutor da Área de Xeodesia e Teledetección da Universidade de Vigo, piloto certificado de drons dende o ano 2014. Ten experiencia tanto a nivel de desenvolvemento como operación con diversos sistemas aéreos non tripulados, tanto de ala fixa como rotatoria, así como no relativo a subsistemas de navegación e sensores de imaxe embarcados, tanto activos como pasivos. Pertence o comité AENOR - CTN28 de certificación de UAS. O curso tocará aspectos relativos aos diferentes subsistemas que compoñen un UAS, enerxía, navegación, control, propulsión e payloads, así como os relativos a lexislación actual ou operación.


Máis información na web de Bubela


Cálculo técnico e científico con Matlab


Do 12 ao 26 de xaneiro de 2018

DIRECCIÓN: ARMESTO QUIROGA JOSE IGNACIO | 986812244, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PREINSCRICIÓN: de 20/11/2017 a 11/01/2018 | MATRÍCULA: do 04/12/2017 ao 11/01/2018

MODALIDADE: PRESENCIAL

CALENDARIO: 18, 19, 25 de xaneiro 2018; e 16 de febreiro de 2018

LUGAR: Aula informática B1 do Edificio Pavillón Manuel Martínez-Risco, Ourense.
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Máis información na web de Bubela


Gráficos e deseño 3D con Solidworks


Do 6 ao 15 de novembro de 2017

DIRECCIÓN: Manuel Pérez Vázquez | E.T.S. Enxeñeiros Industriais, 986812218 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CODIRECCIÓN: Comesaña Campos, Alberto | E.T.S. Enxeñeiros Industriais, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PREINSCRICIÓN: de 25/09/2017 a 15/10/2017 | MATRÍCULA: de 09/10/2017 a 05/11/2017

MODALIDADE: PRESENCIAL

CALENDARIO: 6,7,8,13,14,15 de novembro de 2017

LUGAR: Aula informática B1 do Edificio Pavillón Manuel Martínez-Risco, Ourense.
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Máis información na web de Bubela


Drones International Congress


Do 31 de marzo ao 2 de abril de 2017

A "Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións" (AGGETT), xunto co Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COGITT), son os encargados da organización do congreso Drones International Congress DIC Galicia'17.

Nesta primeira edición pretendese reunir na provincia de Ourense aos profesionais, expertos e empresas máis relevantes do panorama nacional e internacional no que se refire ao sector dos drons e as telecomunicacións, fomentando e promocionando un dos sectores máis en alza da comunidade galega, aportando coñecemento e experiencias innovadoras ao colectivo de graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións, así como ao público en xeral; ademáis, de resaltar o potencial deste sector no noso país, e que será unha das tecnoloxías do futuro, sen esquecernos de poñer en valor o colectivo das telecomunicacións que son unha parte importante no desenvolvemento de novas aplicacións e funcionalidades que nos ofrecen os drons.

Máis información na web de DIC Galicia'17



Información sobre cursos


Aréa virtual Bubela

Funciona como unha plataforma de xestión académica en liña para administrar ou dirixir os diferentes cursos que a Universidade de Vigo pon a disposición da comunidade universitaria e aos que se pode acceder a través de Internet.

Visita a web de Bubela


Servizo de Extensión Universitaria

Ocúpase da elaboración dunha ampla programación cultural estruturada por cuadrimestres, que englobla actuacións teatrais, concertos e espectáculos na rúa. Ao mesmo tempo prepara diferentes ciclos como Universium ou a Semana de Cine Submarino, cursos e obradoiros nos que abordan materias de interese formativo para o estudantado. Extensión Universitaria tamén se encarga de convocar os premios de creación artística, unha convocatoria anual dirixida a disciplinas como a creación audiovisual, a fotografía, pintura e maquetas musicais.

Visita a web do Servizo de Extensión Universitaria