Campus del Agua

Benvida

Xornada de Benvida


O vindeiro día 7 de setembro de 2018 terá lugar a Xornada de Benvida no Salón de Actos Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades, que comezará ás 10 horas e rematará ás 14 horas. Na dita xornada o estudantado recibirá información tanto do propio centro onde cursará estudos como da Biblioteca, do Centro de Linguas, do Gabinete Psicopedagóxico, de Extensión Universitaria, e da Delegación do alumnado. Esta primeira toma de contacto rematará cunha visita guiada polo Campus de Ourense por parte do equipo directivo do centro e persoal docente.


Ademais, na tarde do luns 10 de setembro, o Gabinete Psicopedagóxico ofrecerá un obradoiro, de carácter voluntario, de traballo en grupo, que comezará ás 16.00 horas.


Obxectivos

  1. Facilitarlle ao novo alumnado o tránsito e adaptación á vida universitaria.
  2. Presentarlle os recursos e as ferramentas dispoñibles na Universidade de Vigo e, en particular, na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
  3. Darlle a coñecer as aulas, laboratorios e instalacións onde recibirán docencia, así como outras infraestruturas do campus de Ourense.

Programa da Xornada de Benvida 2018-2019

xornada de benvida