Campus del Agua

Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudantado

Dende a Universidade de Vigo:

A disposición do estudantado para orientar e asistir tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Preténdese cumprir os seguintes obxectivos:

  • Asesorar ao estudantado na planificación e desenvolvemento da súa traxectoria académica e profesional.
  • Adecuar e optimizar as decisións académicas, maximizando a variedade das posibilidades das saídas profesionais.
  • Incrementar os niveis de autoestima e de motivación persoal e profesional.
  • Mellorar os hábitos de estudo, a organización dos traballos e aprender distintas técnicas de estudo para acadar un maior éxito ao longo da carreira.

Web do Gabinete Psicopedagóxico

O Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) foi deseñado para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.

Visitar web do PIUNE

Os obxectivos deste servizo son:

  • Informar e orientar aos futuros alumnos universitarios sobre:
    • O acceso á universidade, notas de corte, vinculacións dos estudos medios cós universitarios, pasarelas, etc...
    • A oferta educativa da Universidade de Vigo e outras universidades do Estado.
  • Informar tanto aos actuais alumnos universitarios, como aos que xa remataron a súa carreira sobre:
    • Todo o que a Universidade de Vigo ofrece durante a súa permanencia na mesma.
    • As posibilidades de formación unha vez rematada a carreira (másteres e cursos de especialización, outros cursos, xornadas, premios, congresos, etc...) e tamén bolsas ou axudas convocadas por institucións externas á Universidade de Vigo.

Visitar Web do S.I.O.P.E.

Atópase dotada de persoal técnico que traballa para:

  • Proporcionar un servizo integral de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego.
  • Fomentar as oportunidades de acercamento á práctica e ao exercicio profesional dos/as universitarios/as.
  • As principais áreas de actuación son:
    • Xestión de prácticas en empresas e institucións públicas e privadas.
    • Xestión de ofertas de emprego.
    • Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
    • Formación para o emprego.

Visitar Web da Fundación Universidade de Vigo

As principais áreas de actuación son:

  • Xestión de prácticas preprofesionais en empresas e institucións públicas e privadas.
  • Xestión de ofertas de emprego.
  • Asesoramento personalizado para a elaboración do itinerario profesional axustado a cada perfil.
  • Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego.
  • Accións en grupo para a busca activa de emprego.
  • Información e asesoramento a empresas e institucións na busca do perfil universitario axustado para cubrir prácticas/postos de traballo.
  • Deseño e implementación de estudos sobre diversos temas que afecten ao mercado laboral e á inserción laboral dos/as universitarios/as.

Visitar Web da Área de Emprego

Leva a cabo, entre outras, as seguintes actividades:

  • Información e asesoramento á comunidad universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior.
  • Fomento e xestión da mobilidade de alumnado e profesorado propios e estranxeiros, en especial no marco dos programas Sócrates, ISEP, bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo.
  • Con respecto ao estudantado da Universidade de Vigo proporciona: asesoramento ás persoas seleccionadas con estes programas sobre a documentación que deben presentar, información sobre a cuantía das bolsas e posibles axudas complementarias, así como, sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino.
  • Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional.
  • Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a aceptación dos que participan nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudantado estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos en colaboración cos responsables de relacións internacionais.
  • Elaboración e negociación de acordos de cooperación internacional.
  • Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais.

Visitar Web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI)

Dende o centro:

  1. Xornadas informativas para alumnado de novo ingreso.
  2. Xornadas informativas para alumnado existente.
  3. Delegación do Estudantado.
  4. Actividades paralelas de apoio dentro do curso académico.