Campus del Agua

Matrícula

Incorporación de estudantes


Para poder matricularse en primeiro curso por primeira vez en titulacións oficiais hai que ter concedida previamente a admisión. A preinscrición farase polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) a través dos procedementos telemáticos establecidos na súa web. O calendario de preinscrición pode consultarse na seguinte ligazón.

A nota de corte da titulación de Enxeñaría Aeroespacial no curso 2016-2017, polo procedemento xeral de admisión, foi de 10,178.

Na Universidade de Vigo non existe o trámite de reserva de praza polo que a persoa convocada pola CiUG para matricularse nunha titulación oficial, no momento no que a formalice a través da secretaría virtual, quedará matriculada independentemente de que entregue ou non a documentación necesaria e de que os prezos públicos estean ou non aboados. O feito de non entregar a documentación e/ou non aboar os prezos públicos non implica que a matrícula non estea formalizada nin a anulación automática da mesma.


Matrícula


Resolución Reitoral do 30 de maio de 2017 pola que se publica a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo para o curso académico 2017/18 para os ensinos de grao e titulacións a extinguir. (É importante ler a convocatoria antes da súa formalización).

Procedemento

A través da sección de Automatrícula

Tanto a xestión os trámites académicos como a información e consultas relacionadas coa matrícula no Grao en Enxeñaría Aeroespacial levaranse a cabo polo persoal da administración do edificio politécnico (Facultade de Ciencias e ESEI, na planta baixa).
O horario de atención ao público é de 8:30 a 14:30 horas (durante os meses de xullo, agosto e periodos non lectivos de Nadal e Semana Santa é de 9.00 a 14.00 horas).

Máis información


Prazos

1º Prazo: do 12 ao 14 de xullo de 2017
2º Prazo: do 19 ao 21 de xullo de 2017
3º Prazo: do 27 ao 31 de xullo de 2017
4º Prazo: do 4 ao 6 de setembro de 2017

5º Prazo: do 11 ao 13 de setembro de 2017
6º Prazo: do 20 ao 22 de setembro de 2017
7º Prazo: do 9 ao 11 de outubro de 2017
8º Prazo: do 18 ao 20 de outubro de 2017

O prazo finalizará o 11 de setembro para quen se matricule nos períodos ordinarios dos meses de xullo e agosto. Cando se precise comprobar a veracidade dos datos persoais ou académicos, as unidades administrativas poderán requirir documentación sen necesidade de esperar ao remate do prazo.

Para quen se matricule nos meses de setembro e outubro o prazo será de 7 días naturais contados dende a formalización da matrícula.

Quen se matricule directamente no centro de estudos terá que entregala nese mesmo momento.

1º Prazo: do 17 ao 20 de setembro de 2017 (para calquera materia)

2º Prazo: do 3 ao 6 de febreiro de 2018 (só para materias do segundo cuadrimeste)

Quen se matricule no mes de xullo nos prazos fixados pola CiUG e no período ordinario de matrícula do mes de agosto, poderá solicitar a anulación total ata o 30 de setembro.

Quen se matricule de primeiro curso por primeira vez nos meses de setembro e outubro nos prazos fixados pola CiUG, no curso de adaptación ao grao (curso ponte) no mes de setembro no segundo prazo de admisión ou no chamamento da convocatoria de prazas vacantes no mes de novembro, poderá solicitar a anulación total no prazo de 30 días naturais a contar dende o día seguinte ao da formalización da matrícula.

Pagamento en efectivo/tarxeta:

Efectuarase no período indicado na folla de liquidación. Quen elixa realizar o pagamento mediante tarxeta a través da aplicación informática debe verificar que o proceso de pago foi realizado correctamente.

Pagamento domiciliado e íntegro:

Cargarase o 100% dos prezos públicos da seguinte maneira:

  • O 6 de outubro para matrículas realizadas do 12 de xullo ao 21 de setembro
  • O 6 de novembro para matrículas realizadas do 22 de setembro ao 21 de outubro
  • O 6 de decembro para matrículas realizadas do 22 de outubro ao 21 de novembro
  • O 6 de xaneiro para matrículas realizadas do 22 de novembro ao 21 de decembro
  • O 6 de febreiro para matrículas realizadas do 22 de decembro ao 21 de xaneiro
  • O 6 de marzo para matrículas realizadas do 22 de xaneiro ao 21 de febreiro

Pagamento domiciliado e fraccionado:

Os prezos correspondentes aos servizos administrativos serán cargados no primeiro prazo. Dependendo do día da formalización ou modificación os prazos serán distribuídos da seguinte maneira:

  • As realizadas do 12 de xullo ao 21 de setembro: 1º (25% dos servizos académicos) o 6 de outubro, 2º (15%) o 6 de novembro, 3º (15%) o 6 de decembro, 4º (15%) o 6 de xaneiro, 5º (15%) o 6 de febreiro e 6º (15%) o 6 de marzo.
  • As matrículas realizadas do 22 de setembro ao 21 de outubro: 1º (40% dos servizos académicos) o 6 de novembro, 3º (15%) o 6 de decembro, 4º (15%) o 6 de xaneiro, 5º (15%) o 6 de febreiro e 6º (15%) o 6 de marzo.
  • As matrículas realizadas do 22 de outubro ao 21 de novembro: 1º (55% dos servizos académicos) o 6 de decembro, 4º (15%) o 6 de xaneiro, 5º (15%) o 6 de febreiro e 6º (15%) o 6 de marzo.
  • As matrículas realizadas do 22 de novembro ao 21 de decembro: 1º (70% dos servizos académicos) o 6 de xaneiro, 5º (15%) o 6 de febreiro e 6º (15%) o 6 de marzo.
  • As matrículas realizadas do 22 de decembro ao 21 de xaneiro: 1º (85% dos servizos académicos) o 6 de febreiro e 6º (15%) o 6 de marzo.
  • As matrículas realizadas do 22 de xaneiro ao 21 de febreiro: 1º (100% dos servizos académicos) o 6 de marzo.

Convocatoria de matrícula de grao na Uvigo 2017/18