Campus del Agua

Rolls-Royce Career Event

O día 23 de outubro de 2017, ás 16.00 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título "Rolls-Royce Career Event". Será impartida por Bruno Lopez Muñoz, Engineering Manager - Global Resourcing Strategy - Rolls-Royce.