Campus del Agua

Conferencia "Joaquín Loriga Taboada”

O día 21 de setembro de 2017, ás 17.00 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título "Joaquín Loriga Taboada" . Será impartida por Daniel González Alén, escritor e investigador galego.