Campus del Agua

Conferencia "The German Aerospace Centre: overview and atmospheric modelling research"

O día 31 de outubro de 2017, ás 16.30 h, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

A conferencia, terá lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e levará por título "The German Aerospace Centre: overview and atmospheric modelling research". Será impartida polo Dr. Roland Eichinger, Deutsches Zentrum für Luft- und Raumfahrt e.V. (DLR) Institute for Atmospheric physics.