Michinel Álvarez

Catedrático/a de universidade

Área de Óptica
Departamento de Física Aplicada

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Pavillón Manuel Martínez Risco, Despacho 38
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 276
hmichinel@uvigo.es

Breve CV

O profesor Humberto Michinel actualmente é catedrático da Universidade de Vigo en Ourense, na que ata o momento dirixiu nove teses de doutoramento no campo da fotónica e as tecnoloxías do láser. Estudou Física nas universidades Complutense de Madrid e Santiago de Compostela, obtendo o doutoramento nesta última en 1996 coa calificación Cum Laude pola súa investigación no campo da óptica non lineal. É co-autor de máis dun centenar de artigos científicos. Ademais das publicacións conxuntas con diferentes equipos internacionais, foi investigador convidado en centros como a Universidade de Tecnoloxía de Chalmers (Suecia), a Universidade Nacional Australiana (Australia), a École Normale Supérieure (Francia) ou o Max-Planck Institut für Quantenoptik en Garching (Alemaña). Ademais de ser membro do Consello de Goberno da Sociedade Española de Óptica (SEDOPTICA), dende outubro de 2017 é secretario xeral da “Comisión Internacional de Óptica”, organización científica que reúne preto de sesenta países, e dende outubro de 2016 é presidente da Sociedade Europea de Óptica. En relación á xestión de I+D e transferencia de tecnoloxía, dirixiu numerosos proxectos de investigación e fundou, xunto con outros socios, a primeira empresa de base tecnolóxica do seu campus, erh-ILLUMNIA, participada pola Universidade de Vigo e especializada no campo da iluminación LED.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O07G410V01202 | Física: Física II

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Enxeñaría Física