González Jorge

Catedrático/a de universidade

Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Pavillón Manuel Martínez-Risco, Despacho 68
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 272
higiniog@uvigo.es

Breve CV

Licenciado en Física (especialidade en Física da Atmósfera) na Universidade de Vigo no ano 2001. Doutor en Física (programa de doutoramento en Física Aplicada) na mesma universidade no ano 2005. Premio extraordinario de doutoramento. Ten traballado entre os anos 2005 e 2009 no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia en actividades relacionadas coa instrumentación, calibración de equipos, metroloxía e ensaios. Desde o ano 2010 está novamente vinculado coa Universidade de Vigo como profesor a tempo completo da Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría. Autor de máis de 100 artigos científicos en enxeñaría e física. Dirixiu catro teses de doutoramento e participou en máis de 30 proxectos e contratos de investigación. Coordinador do Máster en Xeoinformática entre xuño de 2015 e xullo de 2018. Coordinador do Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados desde xuño de 2018 ata a actualidade. Subdirector de Asuntos Internacionais da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía entre abril de 2016 e xullo de 2018. Piloto certificado de aeronaves remotamente pilotadas desde novembro de 2014. Coordinador da Área de Sistemas Aéreos non Tripulados do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) desde xuño de 2017. Editor da revista Drones (MDPI) desde xaneiro de 2017.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados

O07M189V01104 | Sistemas de observación

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O07G410V01901 | Sistemas de navegación

Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados

O07M189V01207 | Prácticas externas
O07M189V01208 | Traballo Fin de Máster
O07M189V01205 | Sistemas de navegación e comunicación
O07M189V01206 | Desenvolvemento de software crítico

Máster Universitario en Enxeñaría Aeronáutica

O07M197V01204 | Sistemas avanzados de navegación aérea
O07M197V01205 | Aviónica

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

Investigación

Grupo de investigación

Laboratorio de Sistemas Aeroespaciais e de Transporte

Liñas de investigación

  • Metroloxía de alto rango
  • Inspección de grandes estruturas
  • Teledetección